O FESTIVAL
Artenauta é o primeiro festival especificamente artístico da Costa da Morte, que nace en Corcubión -nun atípico verán- co obxectivo de dinamizar a vila, inundándoa de diferentes artes. A finalidade é servir de estímulo, entretemento, reflexión e escaparate de experiencias artísticas para veciños e visitantes, algo especialmente necesario en tempos de pandemia.
Ler máis
Así, durante a fin de semana do 14, 15 e 16 de agosto de 2020 daranse cita en Corcubión máis dunha vintena de artistas de diferentes disciplinas: pintura, mural, escultura, fotografía, música, deseño gráfico, poesía, audiovisual, teatro, performances… Eles serán os artenautas, que navegarán polas súas artes convidándonos á participar das súas creacións.
Cómpre sinalar tamén, que Artenauta é un festival armado en tempo récord, motivado polo impulso e a ansia de gozar da arte neste verán de pandemia.
É ademais un festival froito do entusiasmo, da colaboración e do traballo desinteresado de distintas persoas e agrupacións. E é posible grazas á participación de balde de tódolos artistas. Unha conxunción de enerxías encamiñadas ao mesmo fin de amosar arte.
Agardamos que o desfrutedes porque O Artenauta é en si mesmo un agasallo. Para os ollos e as orellas, para as linguas e para os corpos, para o entretemento e para a reflexión; para falar, cantar, mirar e pulular e para activar cada un dos nosos sentidos.
ESPAZOS DO FESTIVAL
O festival Artenauta nace fundamentalmente para compartir a arte, e por iso as manifestacións artísticas espraiarase entre a xente, nas rúas, nos bares, nas prazas, nas paredes e balcóns, pero sobre todo, no espírito de todas e todos estimulando os imaxinarios.
O AIRE LIBRE
- Campo do Rollo.
- Praza Castelao.
- O Recheo. Avda. da Mariña.
- Capela de Santo Antonio. Rúa Santo Antonio, 17.
- Paseo Marítimo / Avenida da Viña.
- Xardíns do Concello. Praza José Carrera, 1.
A CUBERTO
- O Cárcere Vello. Peirao de Corcubión s/n.
- A Capela do Pilar. Rúa Antonio Porrúa, 5.
- Pub A Gavilla. Travesía Mariña, 13.
- Taberna Mariñeira O Riveiro. Rúa Antonio Porrúa, 4.
- Bar O Quenxeiro. Rúa Antonio Porrúa, 17.
- Restaurante Pensión Mar Viva. Praza José Carrera, 4.
- Casino. Praza Castelao, 11.
UBICACIÓN
O Festival Artenauta ten lugar en Corcubión, municipio costeiro que forma parte da Costa da Morte, situado no extremo oeste da provincia de A Coruña (Galicia), na máis alta das Rías Baixas.
Vir ao Artenauta é unha razón máis para visitar a Costa da Morte.
Distancia doutras vilas:
- A 12 Km de Fisterra (15 minutos)
- A 66 Km de Carballo (50 minutos)
- A 76 Km de Santiago de Compostela (1 hora)
- A 98 Km de Coruña (1 hora 15 min)
MEDIDAS COVID-19
Todas as actividades que teñen lugar neste Festival terán en conta a normativa sanitaria vixente en canto á prevención da COVID-19.
En todas elas hai que seguir as medidas de prevención: máscara obrigatoria, distancia de seguridade e lavado de mans.
Respeta o aforo permitido: Se observas que nunha actividade o aforo está completo, abandona o lugar e evita as aglomeracións nun exercicio de responsabilidade. Hai exposicións en diversos lugares que poden ser visitadas en calquera momento.