
Pisando Ovos con Give it a spin
“Give it a spin” é a proposta de Pisando Ovos para espazos non convencionais na que música e movemento, desde os seus estados máis puros, encóntranse a través do diálogo entre un DJ e unha bailarina.
Unha conversa basada no darlle unha volta, no xiro continuo, na repetición e transformación do movemento e do son. Un encontro onde os corpos se soportan e resisten baixo a forma dun abrazo continuo. Coa colaboración especial do DJ Jas Processor.