Eucalipse Now é a performance artístico-ecolóxica a modo de pasarrúas que  inaugurará o Festival Artenauta. Trátase dunha acción colectiva que pretende escenificar e teatralizar a masificación e invasión do eucalipto no noso entorno, en detrimento da biodiversidade.

Cada participante desta acción  portará unha pola de eucalipto e todos xuntos marcharemos invandindo as principais rúas de Corcubión ata rematar no Campo de Rollo. Un itinerario no que non faltará a teatralidade, a animación de rúa e a música a cargo do grupo de pandeiretas As Rinchonas.

Convocamos pois a todos os interesados á participación desta acción artístico-ecolóxica, o venres, 14 de agosto, ás 20hrs. na Capela de San Antonio de Corcubión, punto de saída.

Se estás interesado en participar, por unha cuestión de planificación necesaria  ante a COVID-19, tes que enviarnos un mail antes ao correo festivalartenauta@gmail.com

No desenvolvemento desta acción é obrigario cumplir as normas de prevención da COVID-19: gardarase en todo momento a distancia de seguridade marchando en filas cun metro de distancia entre persoas, e como indica a normativa vixente os participantes levarán posta sémpre a mascarilla.