PINTURA AO VIVO

PELUCAS

PELUCAS

Pelucas, tamén coñecido como Pilas e Bubles, é un artista que destaca polo seu peculiar universo creativo, seu traballo na arte urbana con murais e grafittis, e un imaxinario xenuino que tamén expresa en instalacións, debuxos, pintura, gravados e máis recentemente na cerámica.

A obra de Pelucas ten unha marcada personalidade coñecida en todo o mundo. O seu universo  non ten parangón;  el é único no que fai, e as súas creacións son delirantes, provocadoras, intrépidas, e tan divertidas como alucinatorias.

Pelucas licenciouse en Belas Artes na Universidade de Vigo, coa especialidade de escultura, e comezou a súa traxectoria artística no mural e no grafitti, na rúa; como espazo idóneo para un público verdadero e crítico. A principios do 2000 Vigo, Pontevedra, Barcelona e outras cidades de España amencían con ladrillos, pitillos e móbiles que  con ironía ilustraban a condición humana. Era o imaxinario de Pelucas, que comezaba a manifestarse publicamente.

Despois de estancias en Tenerife, Bruselas, Italia… este artista deixa madurar Galicia para marchar a México, onde crea Villa Pelucas. Nestes vintes anos, de Chandebrito a Londres, todo canto espazo foi intervido por este artista ten un estilo recoñecible e aplaudido; porque cada muro que Pelucas pinta é unha especie de xustiza plástica co mundo.

Pelucas xa deixou a súa pegada na primeira edición do Artenauta, cun mural no paseo marítimo de Corcubión. O festival ten a honra de contar unha vez máis coa participación de Pelucas, que estará pintado ao vivo unha obra de grande formato no Casino.

Enlace: https://pilasbubbles.wordpress.com/mural/ 

Instagram: @pelucaspilasbubbles