ALEX LÓPEZ E ELÍAS OUTES
Álex López: Poeta (ou así lle chaman) de Corcubión. Un día comezou a recitar versos polas tabernas con olor a ron e cervexa e nisas anda até o de agora.
Elías Outes: Músico. De sobra coñecido pola súa aportación á banda Héctor Lera & Uns calquera. Leva a parte musical do espectáculo acompañando aos poemas. De cando en vez, canta.
Xuntos, mais non revoltos, fan Poesía & Pezas.
(Aínda non saben quen é o peza.)
ESTEVO CREUS
Estevo Creus (Cee, 1971) é un escritor galego destacado pola súa faceta poética. Estevo foi un dos fundadores do Batallón Literario da Costa da Morte, participando en obras colectivas como Nós (1997) e Mar por medio (1998). Previamente publicara como narrador os relatos E a catro patas: quilómetros… (1994) e Confeso que matei a bambi (1996).
A súa primeira obra individual é do 1996, cando sae á luz Poemas dá cidade oculta. Ese mesmo ano gaña con Areados o premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña. No ano 1998, gaña o premio Eusebio Lorenzo Baleirón co poemario Teoría do lugar, e no 2002 o III Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño con Decrúa.
Interesado en experimentar coas novas formas da edición, convértese nun dos membros fundadores das editora Letras de Cal e participa tamén no proxecto Retagarda Edicións dedicado a editar libros en formato dixital empregando o disquete como soporte. Publica nese formato Ou libro dous cans no ano 2000. Tamén no ano 2007 e xunto co seu irmán, o escritor e artista gráfico David Creus, publica facer Merzbau non ou posible?, un libro que pretende borrar as fronteiras do concepto tradicional de autoría e que se move dentro dun concepto multimediático da literatura (acompáñase dun DVD).
DAVID CREUS
(Cee, 1975) Poeta e artista gráfico, é licenciado en Belas Artes.
Como poeta publicou no 2003 “Palabras para un parque hidráulico”, obra pola que recibiu o Premio de Poesía Afonso Eanes do Cotón–
No ano 2007 e xunto co seu irmán, o tamén poeta Estevo Creus, publicará facer Merzbau non ou posible?, un libro que pretende borrar as fronteiras do concepto tradicional de autoría e que se move dentro dun concepto multimediático da literatura (acompáñase dun DVD e de autocolantes). Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso. Participou ademáis nas seguintes obras colectivas: De Pondal ao Batallón Literario (120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009 e Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.